|
|
|||||
| Exposición
25 aniversario
A VIDA NO INSTITUTO DE
CARRIL
Estamos no final do curso 2012. Xa pasaron 25 anos polo instituto de Carril. Pechamos esta exposición no lugar onde no mes de Setembro de 2011 comezamos, na entrada do instituto, sin saber moi ben que queriamos facer. Dun xeito espontáneo, sen premeditación, fomos plasmando en paneis, que hoxe empapelan as paredes do edificio, un percorrido polas celebracións, festas, eventos, que por orde cronológica imos celebrando ao longo de cada ano escolar. Hoxe diríase que fixemos un “Paseo de Puntillas” polo CICLO VITAL ANUAL DO INSTITUTO nun exercicio para recordar o conxunto de actividades que veñen a completar as propias do centro, as clases cos seus temarios, exercicios, problemas, traballos e exames. Foi un repaso das datas que marcan fitos ao longo do curso e que o fixeron estes 25 anos. Moitas cousas quedan sen ser nomeadas. As vivencias e interrelacións de todas as persoas que conviven nun centro educativo non se poden meter nuns poucos paneis. Esta exposición só quixo ser un recordatorio destes anos compartidos, sen máis pretensións. Por estas aulas pasaron uns 15000 alumnos, moitos profesores con máis ou menos continuidade e por suposto todo o persoal non docente, conserxes, administrativos, cafetería, persoal de limpeza, sen os cales non sería posible sacar adiante un centro educativo con todo o que conleva. As familias puxeron o seu gran de area colaborando nalgunhas das actividades e axudando na marcha do centro. Desexamos que este noso instituto, Miguel Ángel González Estévez hoxe, sempre INSTITUTO DE CARRIL, siga formando alumnos e sobre todo siga tendo “MOITA VIDA” que cremos é algo que nos caracterizou desde o comezo, cousa que moito alumnado segue agradecendo e recordando. Xuño 2012
|
